Archivo

Archivo para la Categoría "Teatro Profesional"

Teatro Jofre: Outubro 2011

 

Programación facilitada pola Asoc. Amigos do Teatro Jofre

Ver PROGRAMA

A ÓPERA DOS TR3S REÁS

 

No Teatro Jofre de Ferrol os días 2 e 3 de xulio

 A Consellería de Cultura e Turismo, Novacaixagalicia e a Fundación Gaiás-Cidade da Cultura presentan a nova produción do Centro Dramático Galego A ópera dos tres reás, enmarcada dentro das programacións do Ano da Música de Galicia e Galicia Classics.

Con esta segunda proposta escénica para a temporada 2010-2011, a compañía pública galega actualiza o clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill con Quico Cadaval na dirección escénica e Diego García Rodríguez, na dirección musical. Xuntos póñense á fronte dun amplo elenco integrado por 11 actores-cantantes: ademais de Luis Tosar no papel de Mackie da Faca, César Goldi, Alba Messa, Víctor Mosqueira, Mónica de Nut, Marcos Orsi, Marta Pazos, Francisco Pérez “Narf”, Muriel Sánchez, Begoña Santalices e Sergio Zearreta, acompañados en directo polos músicos: Suso Alonso, Rui Bandeira, Pablo Castaño, Andrew McNeill, Saúl Puga, David Rodríguez, Adrián Viñas e Vadzim Yukhnevich.

 

O SÍNDROME DO CDG

Artigo de Luis Álvarez Pousa en Diario de Ferrol

Coa montaxe A ópera dos tres reais, o drama musical no que Bertolt Brecht emborcou tódalas claves innovadoras que lle deron vida e capacidade transgresora ao teatro contemporáneo do século XX, o Centro Dramático Galego fai unha arriscada aposta. Leer más…

No Teatro Jofre

10 abril, 2011 1 Comentario

 

 

 

 

 

 

A estrea en Galicia do último traballo da compañía La Zaranda “Nadie lo puede creer”(15 de abril), a representación de “Luces de Bohemia” (14 de abril) por parte da compañía aragonesa Teatro del Temple ou “La violación de Lucrecia”, con Nuria Espert, (28 de abril) son algúns dos espectáculos da nova programación do Teatro Jofre deseñada polo Concello de Ferrol para o segundo trimestre de ano

 http://www.ferrol.es/jofre/Paginas/SelEvento.aspx

 www.ferrol.es

Ferrol Recuperando a Memoria: “Memoria de Helena e María”

 

«Esta é a súa última carta, que lin centos de veces, que biquei centros de veces e que levei ao peito o día en que souben que morrera en Albacete». Este texto forma parte de “Memoria de Helena e María”, unha obra teatral pola que Roberto Salgueiro recibiu hai catro anos o premio Abrente e que a compañía Teatro do Atlántico representou o venres 1 de abril no Teatro Jofre de Ferrol

Lucía Regueiro, encarna a Helena, e María Barcala, a María, as dúas mulleres, madre e filla, que protagonizan esta historia de mulleres, pero sobre todo unha historia de amor, que arranca tendo como escenario o inicio da Guerra Civil «e chega ata o 95»,

Ainda que a guerra civil non é o tema central , a contienda e as súas consecuencias sí están presentes no trasfondo da obra, dirixida por Xulio Lago, coa música orixinal de Fran Pérez Narf e a escenografía de Rodrigo Roel.

O día anterior, coa colaboración da Asoc. Amigos do Jofre, celebrouse unha interesante Tertulia coa presenza das actrices, director e autor. Todo elo dentro do ciclo “Ferrol Recuperando a Memoria. A verdade nunha man pechada” organizado polo Concello de Ferrol, e as Asoc. M.H.D. e Fuco Buxán, para celebrar o 80 aniversario da proclamación da II República

Álbum fotográfico da tertulia

Fuco Buxán

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.