Maquinarias Teatro : Proyecto Teatral
maquinariasteatro@gmail.com
«El Florido Pensil»
RECOMENDADA: Magnífico traballo actoral, e de posta en escena e dirección
Grupo de Teatro «O Maxolo», de Cobas
Dirección: Helga Méndez
Sábado 17 de Decembro 2016, ás 20,00 hs,
Centro Cultural Carvalho Calero – Praza do Inferniño – Ferrol
entrada libre.
Foto-Vídeo: Roberto Casteleiro «Caladiño»: A súa vida, a súa obra.
Proxectado na Homenaxe celebrada o 10 de Decembro no Teatro Jofre de Ferrol
Homenaxe a Roberto Casteleiro «Caladiño»
De DIARIO DE FERROL
Un grupo de amigas e amigos de Roberto Casteleiro, “o inolvidable Caladiño” –personaxe ao que deu vida na primeira longametraxe realizada en Galicia “Sempre Xonxa”, de Chano Piñeiro–, lembrarán a súa figura cunha serie de actos que terán lugar este mesmo sábado cun programa que incluirá un acto cívico ás doce da mañá no cemiterio de Catabois, cunha ofrenda floral e unha interpretación musical e poética e breves intervencións da organización e o Concello.
Pola tarde, a actividade trasladarase ao Jofre, onde a partir das 20.30 horas terá lugar un acto de homenaxe que comezará a proxección dun documental sobre a súa obra e vida.
Intervirán ademais persoas e institucións que glosarán diversos aspectos “deste ferrolán tan rico en actitudes e solidariedades”. Unha intervención poética e musical pechará o programa.
As invitacións para participar no acto pódense retirar, en horario da billeteira do Jofre. Entregaranse un máximo de catro por persona.
A homenaxe conta co apoio e colaboración dos concellos de Ferrol, Moeche, Ribadeo, O Barco de Valdeorras e Petín, así como de entidades como Ateneo Ferrolán, Fuco Buxán, Muíño do Vento, Filarmónica Ferrolana, Bartoleta Teatro, Memoria Histórica Democrática, Pequecoro e A.C. Apoian tamén a cita a Equipa de Normalización Lingüística do Conservatorio Profesional de Música “Xan Viaño” e os institutos “Concepción Arenal” de Ferrol e “Lauro Olmo” de O Barco de Valdeorras, así como os amigos do homenaxeado
Roberto Casteleiro Fernández “Caladiño” (Ferrol 1939-Barcelona 2016), de ascendencia mugardesa e ferrolá, estudou na Escola Obreira e Escola de Aprendices de Bazán, onde foi operario de Electricidade.
Foi un dos impulsores, nos anos 60, do Bacharelato Nocturno no IES Concepción Arenal, “o que resultou ser un paso moi importante de promoción educativa e cultural para os traballadores”, apuntan os impulsores do acto.
docencia
Participou das actividades do Cine-Club e do Teatro Estudio. Deixou Bazán e licenciouse en Historia pola Universidade de Barcelona. Nos anos 70 exerceu a docencia no IES Marqués de Suanzes (organizando a Biblioteca) e o Seminario de Graduados Sociais de Ferrol.
Aprobadas as oposicións como profesor de FP, exerceu no IES “Lauro Olmo” Barco de Valdeorras, no que dirixiu o grupo de teatro, para logo regresar a Ferrol, nos IES de Leixa e Carballo Calero ata a súa xubilación en 2001.
Foi, entre outras cousas, un dos impulsores do Liceo Rubia Barcia, creou o grupo teatral “O Castelo” de Moeche, participou como actor e co-director na montaxe “Unha batalla de Brión”. Foi nomeado en 1990 “Ferrolán do Ano” polo Concello de Ferrol.
A homenaxe quere contribuír a lembrar a súa memoria, recoñecendo ademais “a súa entrega ao mundo do ensino e ao fomento da cultura participativa, a través do cinema, o teatro, as letras, a música, as artes… e colaborando sempre cun sentido do protagonismo colectivo sobre o individual.
Bartoleta Teatro, estrea «ARRABAL EN GUERRA»
Xoves, 28 de maio 2015, ás 20,30 hs, Bartoleta Teatro, estrea «ARRABAL EN GUERRA» (Dúas obras curtas de Fernando Arrabal: «PICNIC» e «GUERNICA»), na Capela do C.C. Torrente Ballester (Rúa do Hospital – Ferrol), con entrada libre.
Dirección: Helga Méndez.
Radio Teatro : «Crónicas Republicanas»
Crónicas Republicanas Radioteatro de Producciones En Tránsito
Estreno: Miércoles 21 mayo, 20 hs, Ateneo Ferrolán. Entrada libre.
La II República como una idea. La obra, a través de diferentes escenas, nos traslada en un viaje temporal de más de 80 años, donde Ferrol y su Historia son también protagonistas. Ficción y realidad se entremezclan en esta nueva creación sonora escrita por: Miguel Castro y José Torregrosa
Tema Musical principal: “Crónicas republicanas”
Música: David García Letra: Álex Aneiros – Interpretado por: Álex Aneiros y Laura Montero
Tema musical “El astillero”
Letra y música: David García – Interpretado por: Álex Aneiros
Edición de sonido: Miguel Castro
Edición de imágenes y créditos: Xil López
Ilustraciones y selección de imágenes: Fernando Ocampo
Poemas de Blas de Otero y Ramiro Fonte
En la voz de : Helga Méndez y Fernando Ocampo
Reparto en orden de aparición:
André “Pequeno monstro”, Iago Montes, Mirlandy Hernández, Fernando Ocampo , Helga Méndez, Migka Kacius, Luisma Albarracín, Ángeles García, Paula Morado, Miguel Castro , José Torregrosa, Pedro Rodíguez, Antía Aneiros, Macoumba, Jose Polo, Aarón Penteo y Raúl del metal.
Dirigido por : Miguel Castro
Agradecimientos a :
Producciones En Tránsito, Ateneo Ferrolán, A.C. Fuco Buxán,
Penteo Films, Rádio FilispiM
http://www.ivoox.com/trailer-radioteatro-cronicas-republicanas-audios-mp3_rf_3077808_1.html